Isabel, Diana, María, Inés, Arancha e Giovanna son as asesoras que atoparedes nas reunións de Alecría
A idea xurde dende un grupo de amigas que tiñan claro que era preciso contar en Santiago de Compostela con un grupo de apoio para dar resposta á necesidade das mulleres a as súas familias no proceso de lactanción e crianza dos bebés. As grandes ausencias na sociedade actual das tradicionais figuras de apoio á muller nun proceso tan importante como é o postparto, xunto coa falta de referencias de axuda profesional nesta materia, serviron de pulo para que esa idea se materializase en forma de asociación sen ánimo de lucro e de carácter socio-sanitario. Así, con moito traballo e esforzo, Alecria naceu, conseguindo constituirse legalmente como asociación en xaneiro do ano 2016.
Os piares da asociación
Dous piares fundamentais sosteñen a actividade diaria de Alecria:
ofrecer información, axuda e apoio emocional ás familias que desexan aleitar ás súas crianzas
recuperar e promover a cultura da lactancia natural e a crianza con apego na sociedade.
Alecria promove a crianza respetuosa para un vínculo seguro entre pais e bebés, así coma as recomendacións sobre lactancia materna da Organización Mundial da Saúde (OMS), a Asociación Española de Pediatría (AEP) e a Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME).
noviembre, 2025
jueves
Febrero 14,2020
¡Reserva Enviada!
Hemos recibido su reserva y le enviaremos una confirmación al correo electrónico que usted ha proporcionado una vez que sea confirmada.